1866:
- Ramón del Valle-Inclán nace na Casa do Cuadrante
de Vilanova de
Arousa (Pontevedra) o día 28 de outubro de 1866. É fillo do
matrimonio formado por Ramón del Valle Bermúdez e Dolores Peña
Montenegro. O neno é bautizado o 31 de outubro na parroquia de San
Cipriano de Cálago de Vilanova de Arousa polo párroco don José
Benito Rivas que lle pon os nomes de Ramón José Simón.
- O pai de Ramón foi xornalista, xefe do negociado
de Gobernación e
secretario do Goberno Civil de Pontevedra. Home culto e liberal,
exerceu cargos políticos municipais, cultivou a creación poética e
os estudios arqueolóxicos.
- Ramón tivo sete irmáns e viviu coa súa familia en Vilanova ata que
cumpliu os 11 anos.
1877
- Comeza os estudios de Bacharelato que cursará en
Santiago e Pontevedra. Vive nesta cidade.
1886
- Comeza os estudios de Dereito na Universidade de
Santiago
1890:
- Morte do pai
- Abandona a carreira universitaria
1892:
- Viaxa a Madrid
- Inicia a súa primeira viaxe americana embarcando
en Marín no vapor "Le Havre". O día 8 de abril chega
a Veracruz, en México.
1893:
- Volve a España logo de facer escala en Cuba.
- Instálase en Pontevedra. Frecuenta a casa dos Muruáis
e as tertulias dos intelectuais da cidade. Intensas
lecturas na biblioteca da Casa do Arco
1895:
- Marcha a Madrid.
- Frecuenta tertulias de artistas e escritores en
cafés da capital.
- Entabla amizade con Benavente, Pío e Ricardo Baroja,
Gómez Carrillo, Alejandro Sawa e outros. Comeza a
ser coñecido nos círculos literarios da capital.
1899
- Perde o brazo esquerdo como consecuencia dunha ferida
producida logo de recibir un bastonazo do escritor
Manuel Bueno.
- Inicia unha etapa de enorme actividade creativa
1907
- Casa coa actriz Josefina Blanco na madrileña igrexa
de San Sebastián.
1910
- Viaxa por América coa súa muller como integrantes
da compañía de García Ortega. Visitan Arxentina, Chile,
Paraguay e Bolivia.
- Nace a súa primeira filla, Concepción
1911
- Realiza numerosas viaxes pola península: Barcelona,
Valencia, Zaragoza, San Sebastián coa compañía de
María Guerrero.
1912
- Instálase en Cambados coa súa familia
1914
- Nace o primeiro fillo varón, Joaquín, que morrerá
ó poco tempo víctima dun desgraciado accidente.
1916:
- Viaxa a París e ás frontes de guerra como correspondente.
?É nomeado catedrático de Estética da Academia de
Belas Artes de San Fernando.
1917
- Trasládase á finca da Merced, preto da Pobra do
Caramiñal, coa intención de dedicarse á súa explotación
agrícola.
- Nace o terceiro fillo: Carlos
1919
- Nace María de la Encarnación (Mariquiña)
1921
- Terceira viaxe americana con estancia en México,
EE.UU. e Cuba
1922:
- Nace un novo fillo, Jacobo (Jaime)
1923:
- Fin da experiencia agrícola da Merced.
- Instálase coa familia na Pobra do Caramiñal.
- Asiste ás tertulias da farmacia de Tato con Victoriano
García Martí e outros amigos.
1924
- Trasládase a Madrid onde se instalará definitivamente
en 1925 ?Nace Ana María
1925
- Participa en Mondariz na creación da "Asociación
de los Amigos de Galicia" xunto a Ramón Cabanillas,
Enrique Peinador e Victoriano García Martí.
1929
- Detido e encarcerado por negarse a pagar unha multa
1931
- Apoia á II República nacida o 14 de abril.
1932
- Nomeado conservador do Patrimonio Nacional
- Elexido Presidente do Ateneo de Madrid
- Ruptura matrimonial
1933
- Nomeado Director da Academia Española de Belas Artes
de Roma
1934
1935
- Ingresa na clínica do Dr. Villar Iglesias en Santiago
- Recibe as visitas de Carlos Maside, Castelao e outros
intelectuais e artistas cos que pasea pola cidade.
1936:
- O día 5 de xaneiro morre na clínica onde está internado
- Soterrado o 6 de xaneiro no cemiterio compostelán
de Boisaca .
|