A Fundación
Saúdo do PresidenteEstatutos Historia Novas Convocatorias Ligazóns Arquivo documentos
Valle-Inclán
BiografíaBibliografía sobre Valle Cronoloxía literaria Imaxes artísticasMomentos da vida Documentos
A Fundación
Estatutos > Titulo Preliminar
TÍTULO PRELIMINAR


Artigo 1.- A Fundación <Ramón María del Valle-Inclán> constitúese ao abeiro do artigo 34.1 da Constitución Española e rexerase pola Lei 7/1983, do 22 de xuño, de Réxime das Fundacións de Interese Galego; a Lei11/1991, do 8 de novembro, de reforma da Lei 7/1983; polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Organización e Funcionamento do Protectorado das Fundacións de Interese Galego, e demais disposicións legais aplicables, e tamén por estes Estatutos. Terá personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, sen outras limitacións que as establecidas polas leis e polos presentes Estatutos.

Artigo 2.- O cumprimento dos fins fundacionais e todo canto a eles atinxe confiarase ao seu Padroado, sen perxuizo do previsto nestes Estatutos e no establecido con carácter xeral e obrigatorio nas disposicións legais aplicables, moi especialmente respecto á presentación da Memoria Anual e á liquidación do presuposto de cada exercicio económico.
O Padroado da Fundación, cada ano, formulará un Inventario-Balance pechado na data de remate do exercicio económico, que reflictirá con claridade a situación patrimonial da Fundación. Asimesmo, efectuará a liquidación do presuposto de ingresos e gastos do ano anterior. O prazo para elaborar estes documentos (Memoria, Presuposto e Inventario-Balance) e para a súa presentación ao Protectorado será de seis meses, contados desde a data de cerramento do exercicio.
Tamén a Padroado formulará o presuposto de ingresos e gastos correspondente ao exercicio seguinte, que presentará ao Protectorado con anterioridade ao inicio do exercicio económico.

Artigo 3.- A <Fundación Ramón María del Valle-Inclán> terá o seu domicilio social en Santiago de Compostela, na Rúa de San Miguel, nº5 - 2º Dereita.
A devandita sede poderá trasladarse previo o correspondente acordo do Padroado.
Poderanse establecer delegacións tanto no territorio nacional como no extranxeiro, previo acordo ao efecto, no que se concretarán o domicilio e funcións a desempeñar polas mesmas.

>> TÍTULO I é II

 
Índice dos Estatutos
Título Preliminar
Título I y II
Título III
Título IV
Título V
 
Podes baixarte o documento completo dos estatutos da Fundación Valle-Inclán en formato pdf aquí.