A Fundación
Saúdo do PresidenteEstatutos Historia Novas Convocatorias Ligazóns Arquivo documentos
Valle-Inclán
BiografíaBibliografía sobre Valle Cronoloxía literaria Imaxes artísticasMomentos da vida Documentos
A Fundación
Estatutos > Titulo III
TÍTULO III. ÓRGANOS


Artigo 6.-
A representación, goberno e administración da Fundación corresponde de maneira exclusiva ao Padroado, sen máis limitacións que as impostas polas leis.
O Padroado da Fundación estará composto por un mínimo de dez membros e un máximo de vinte.

Artigo 7.- O Padroado é soberano no cumprimento da súa misión, sen perxuizo de que o Protectorado exerza as facultades que as leis lle atribúen sobre as Fundacións de Interese Galego.

Artigo 8.- O Padroado é titular exclusivo de tódalas facultades e potestades que en dereito se precisen para o eficaz desenvolvemento do fin fundacional, e interpretará sen limitacións os presentes Estatutos.
Sen embargo, o Padroado poderá delegar as súas facultades nun ou máis apoderados xerais ou especiais con funcións e responsabilidades mancomunadas e solidarias.

Artigo 9.- No exercicio das máis amplas facultades de representación, disposición e administración, o Padroado poderá facer toda clase de actos e negocios xurídicos, sen necesitar máis formalidades especiais e sen máis intervencións de autoridades ou persoas alleas a el que aquelas que as leis establezan.

Artigo 10.- O Padroado estará composto polos seguintes cargos:

- Presidente de Honra: Excmo. Sr. Presidente da Xunta de Galicia
- Presidente
- Vicepresidente
- Director Xeral
- Secretario
- Vicesecretario
- Tesoureiro
- Vocais, ata un número de catorce.

Todos eles con voz e voto, podendo delegar as súas funcións en caso de impedimento ou ausencia xustificada noutro membro que actuará cos mesmos dereitos e obrigas que o titular.

Artigo 11.- Os cargos dos membros integrantes do Padroado serán de confianza e de carácter gratuito.
A composición do Padroado poderase modificar por mayoría absoluta dos seus membros en xunta extraordinaria convocada ao efecto; o acordo será comunicado ao Rexistro de Fundacións de Interese Galego para a súa inscrición no mesmo.
En caso de renuncia, incapacidade para o desenvolvemento das funcións ou falecemento dalgún dos membros, procederase ao nomeamento dun novo.

Artigo 12.- O Padroado nomeará os cargos de entre os seus membros. A duración destes cargos será de dous anos e poderán ser reelexidos.

Artigo 13.- O Padroado reunirase en xunta cantas veces sexa convocado polo Presidente ou cando o solicite 1/3 (un tercio) dos seus membros.
Nos tres primeiros meses de cada ano reunirase o Padroado necesariamente co obxecto de aprobar a liquidación do orzamento ordinario e o balance correspondente ao exercicio anterior, así como a memoria de actividades desenvolvidas durante o exercicio, a xestión económica e a aprobación do programa de realizacións para o ano.
O Presidente debera facer as convocatorias polo menos con dez días de antelación, e nelas precisarase a orde do día da reunión, o lugar, día e hora.

Artigo 14.- O Padroado estará válidamente constituido cando concorran a maioría dos seus compoñentes en primeira convocatoria, e con calquera número de asistentes en segunda convocatoria. Os acordos tomaranse por mayoría absoluta dos presentes. En caso de empate, o voto do Presidente considérase de calidade.

Artigo 15.- Malia o disposto nos artigos anteriores, a xunta do Padroado entenderase convocada e quedará validamente constituída cando estean presentes tódolos seus membros e acepten unánimemente a celebración da xuntanza.


>> TÍTULO IV

 
Índice dos Estatutos
Título Preliminar
Título I y II
Título III
Título IV
Título V
 
Podes baixarte o documento completo dos estatutos da Fundación Valle-Inclán en formato pdf aquí.