A Fundación
Saúdo do PresidenteEstatutos Historia Novas Convocatorias Ligazóns Arquivo documentos
Valle-Inclán
BiografíaBibliografía sobre Valle Cronoloxía literaria Imaxes artísticasMomentos da vida Documentos
A Fundación
Estatutos > Titulo IV
TÍTULO IV. PATRIMONIO E REXIME ECONOMICO


Artigo 16.- O patrimonio da Fundación pode estar integrado por toda clase de bens, sen outras limitacións que as impostas polas leis.

Artigo 17.- O patrimonio da Fundación está formado:

a) Pola dotación inicial, bens mobles e inmobles que servirán para cumprir os fins fundacionais
b) Polas aportacións dos membros adheridos, nas condicións fixadas polo Padroado, e as dotacións anuais ou extraordinarias que acordan facer voluntariamente os fundadores.
c) Por calesquera outros bens e dereitos que, no sucesivo, adquira a Fundación a título oneroso ou gratuito, en entidades públicas ou privadas, e de particulares, en especial subvencións, doazóns, herdanzas ou legados, estes dous últimos sempre a beneficio de inventario. Para aceptar as herdanzas ou legados será necesaria a previa autorización expresa do Protectorado.

Artigo 18.- Os medios económicos para o logro da finalidade fundacional poderán estar compostos por:

a) Os froitos ou rendas, productos ou beneficios do capital ou patrimonio e das actividades que realice a Fundación.
b) As doazóns Inter vivos, herdanzas ou legados que reciba, e os demais bens que adquira por calquera título.
c) As subvencións que poida recibir dos entes públicos ou privados, e particulares.

Artigo 19.- Os bens adquiridos por herdanzas, legados e doazóns e calquera título gratuíto aplicaranse e conservaranse segundo a vontade do transmitente e as condicións establecidas no título de adquisición.

Artigo 20.- Para asegurar a garda dos bens constitutivos do patrimonio da Fundacións observaranse as regras seguintes:

a) Os bens inmobles e dereitos reais inscribiranse no Rexistro da Propiedade a nome da Fundación. Os demais bens susceptibles de inscrición deberán figurar nos rexistros correspondentes.
b) Os valores mobiliarios e fondos públicos serán confiados polo Padroado en réxime de depósito administrado a unha entidade bancaria ou Caixa de Aforros.
c) Os demais bens mobles, os títulos de propiedade os resgardos de depósito e calquera outro documento acreditativo de dominio, posesión, uso ou disfrute de calquera outro dereito de que sexa titular a Fundación, confiaranse polo propio Padroado á persoa na que éste delegue.
d) Tódolos bens da Fundación inventariaranse nun Libro de Rexistro do Padroado.

Artigo 21.- O Padroado confeccionará, para cada exercicio económico, un presuposto ordinario. Nel recolleranse os ingresos e os gastos ordinarios.
Nos ingresos figurará canto perciba a Fundación por calquera concepto. Nos gastos citaranse por separado os gastos xerais e poderanse destinar os excedentes de ingresos a aumentar o capital da Fundación.

Artigo 22.- O Padroado fará os presupostos extraordinarios que sexan necesarios para o desenvolvimento das actividades extraordinarias.

Artigo 23.- Os ingresos que por calquera concepto obteña a Fundación serán sempre aplicados ó cumprimento do fin fundacional.
Os gastos xerais ou de administración non poderán exceder do 10% dos ingresos.
O remanente que se obteña, caso de non esgotarse os límites establecidos nos apartados anteriores, destinarase a incrementar o capital, á previsión de gastos extraordinarios e a outras actividades que beneficien á Fundación.

Artigo 24.- Dentro dos tres primeiros meses de cada exercicio económico o Pdroado fará a liquidación do presuposto ordinario e o balance correspondente ao exercicio anterior, así como unha memoria das actividades desenvolvidas durante o exercicio e da xestión económica, coas explicacións suficientes para que da súa lectura se poida obter unha representación do cumprimento do obxecto fundacional e da situación patrimonial da Fundación.


>> TÍTULO V

 
Índice dos Estatutos
Título Preliminar
Título I y II
Título III
Título IV
Título V
 
Podes baixarte o documento completo dos estatutos da Fundación Valle-Inclán en formato pdf aquí.