A Fundación
Saúdo do PresidenteEstatutos Historia Novas Convocatorias Ligazóns Arquivo documentos
Valle-Inclán
BiografíaBibliografía sobre Valle Cronoloxía literaria Imaxes artísticasMomentos da vida Documentos
A Fundación
Estatutos > Titulo IV
TÍTULO V. MODIFICACION, FUSION E EXTINCIÓN


Artigo 25.- O Padroado pode promover a modificación destes Estatutos sempre que non sexa contraria á vontade dos fundadores e aos fins fundacionais.
O acordo de modificación deberá ser adoptado polo voto dos 2/3 dos seus membros.

Artigo 26.- O acordo de modificación comprenderá necesariamente os seguintes termos.

a) Exposición razonada da causa da modificación
b) Xustificación do establecido no artigo anterior
c) Contido da modificación que deberá apartarse o menos posible dos Estatutos
d) Estudio económico da viabilidade da modificación e programa de adaptación das instalacións, cando proceda.

Artigo 27.- O Padroado poderá proponer, previa autorización do Protectorado en canto á modificación dos Estatutos, a fusión con outra fundación. En tal caso, o expediente tramitarase de acordo co previsto no artigo anterior.

Artigo 28.- Procederase á extinción da Fundación:

a) Cando as disposicións da Carta fundacional ou dos presentes Estatutos sexan revocados, alterados ou modificados por persoa, autoridade ou xurisdicción diferente do Padroado e sen coñecemento de éste.
b) No caso de que o Estado ou outro organismo, autoridade ou tribunal pretendesen interferir, minguar, alterar, modificar, contrariar ou de calquera outra forma non respectar, influir ou non gardar a vontade reflexada nestes Estatutos e na Carta fundacional.
c) Se, chegado o caso de que por insuficiencia dos medios de que dispón a Fundación ou por calquera outra circunstancia, resultase imposible o cumprimento do fin fundacional, salvo que, de acordo coas previsións de estes Estatutos e da Carta fundacional, o Padroado acordase por mayoría de 2/3 dos asistentes sempre que ademais supoña a maioría absoluta do número dos seus membros a modificación dos Estatutos ou a fusión con outra fundación.

Artigo 29.- O expediente que se incoe para a extinción da Fundación comprenderá necesariamente:

a) A exposición razoada da causa determinante dela.
b) O balance da Fundación.
c) A proposta de designación de liquidadores, o programa da súa actuación e o proxecto de distribución dos bens integrantes do patrimonio da Fundación ou do producto da venda dos mesmos, que se fará unha vez outorgadas as distintas autorizacións previstas polas leis libremente polo Padroado a favor doutras fundacións ou entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro que poideran cumprir finalidades semellantes.

 

 
Índice dos Estatutos
Título Preliminar
Título I y II
Título III
Título IV
Título V
 
Podes baixarte o documento completo dos estatutos da Fundación Valle-Inclán en formato pdf aquí.