A Fundación
Saúdo do PresidenteEstatutos Historia Novas Convocatorias Ligazóns Arquivo documentos
Valle-Inclán
BiografíaBibliografía sobre Valle Cronoloxía literaria Imaxes artísticasMomentos da vida Documentos
A Fundación
Historia da Fundación Valle-Inclán

O inspirador e Presidente da Comisión Xestora da Fundación Valle-Inclán (1989-1997) foi o profesor Alexandre Allegue Otero.

Logo da súa constitución formal, a entidade foi declarada en 1997 “de interese cultural” e posteriormente, en 1999, “de interese galego” pola Xunta de Galicia.

O primeiro Presidente da Fundación Valle-Inclán foi o Profesor Dr. D. Benito Varela Jácome, ilustre valleinclanista e Catedrático Emérito da Universidade de Santiago de Compostela. É de xustiza recoñecer neste período a inestimable colaboración do egrexio escritor e xornalista Raimundo García Domínguez “Borobó”, que pertenceu ó Padroado da Fundación ata o seu pasamento en 2003.
O Director do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), Don Amado Ricón Virulegio presidiu a Fundación entre os anos 2000 e 2003.

Na actualidade o Presidente da Fundación Valle-Inclán e o Excmo. Sr. D. Xerardo Fernández Albor, ilustre médico compostelán e ex-presidente da Xunta de Galicia.