|
|
A Fundación colabora cos Concellos da Pobra do Caramiñal e Vilanova
Organizou unha representación de títeres en cada unha das vilas e participou en actos institucionais.
A Fundación Valle-Inclán colaborou nas celebracións que por mor do aniversario do nacemento do escritor tiveron lugar en Vilanova de Arousa e A Pobra do Caramiñal. A participación da Fundación consistiu na organización e financiación de representacións do espectáculo "Galicia máxica", unha montaxe da prestixiosa compañía Monicreques de Kukas.
A representación tivo lugar no Pabillón Polideportivo Municipal da Pobra o día 7 de outubro, e na Casa da Cultura de Vilanova de Arousa o día 25 de outubro. Ambalas dúas representacións contaron coa asistencia de numeroso público.
O día 28 de outubro o Presidente e o Director-Xerente da Fundación asistiron á ofrenda floral que tivo lugar perante a estatua de Don Ramón situada no pobrense Cantón da Leña.
|
|
|
|
|
|
|